Cinco proxectos audiovisuais recibirán asesoramento de produción executiva

Foron seleccionados na primeira convocatoria do programa AGAPI IMULSA COPROS

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
Cinco proxectos audiovisuais recibirán asesoramento de produción executiva

A Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI) vén de facer público os proxectos seleccionados para o AGAPI IMPULSA COPROS, un programa gratuíto de asesoría personalizada para mellorar e orientar no seu financiamento proxectos de coprodución para cinema e televisión. Os proxectos seleccionados foron "¿Dónde están los ladrones?" de Julu Martínez, "As Movidas" de Alejándro Gándara, "Primera Inmersión" de Cristela Torres, "Furtivo" de Uxía Diéguez e "Chorima" de Alicia Úbeda. Un comité, formado por Mercedes García- Nieto, Mónica Hidalgo, Xavi Font e Beli Martínez, profesionais de recoñecido prestixio dentro do ámbito a produción executiva, seleccionaron estes 5 proxectos de creadores e creadoras emerxentes para que durante os meses de setembro, outubro e novembro formen parte dun programa de mentorización progresiva, no que se tratarán temas como orzamento, plan de financiamento, plan de rodaxe, dossier e pitching.

Que che parece esta nova?
88 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Beli Martínez, Cine, Asociación Galega de Produtoras Independentes (AGAPI)