O Cancioneiro de Buño recupera 84 cantigas de comezos do século XX

O volume inclúe tamén imaxes sobre o oficio da olaría no lugar

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
O Cancioneiro de Buño recupera 84 cantigas de comezos do século XX

Edicións Embora publica, co apoio do Concello de Malpica e da Real Academia Galega o Cancioneiro de Buño. Este volume recupera 84 coplas de tradición oral, recollidas en 1910 a Dolores Cancela Pérez, daquela de 17 anos. Este material supón a máis antiga recollida de música popular no concello de Malpica e saíron orixinalmente publicadas orixinalmente no Boletín da Academia Galega.

O volume complétase cunha selección de fotografías das persoas que continúan a practicar o oficio da olaría en Buño, así como das tendas de olaría e do proceso de elaboración dunha chocolateira.

Que che parece esta nova?
72 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Cancioneiro, Malpica, Tradición oral, Real Academia Galega...