Recuperan 720 cantigas recollidas por Casto Sampedro

O Concello de Redondela publica dous volumes sobre este investigador

4/12/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: Música
Compartir:

Imaxe das actividades do 75 cabodano de Casto Sampedro

Un estudo realizado por Xabier Groba, permitiu recuperar dos arquivos do Museo de Pontevedra 720 cantigas populares que recollera Casto Sampedro entre finais do século XIX e comezos do XX. Casto Sampedro e a música do Cancioneiro Galego de Tradición Oral, editado en dous volumes polo Concello de Redondela achega, canda a este material clasificado e editado, información histórica de contexto sobre a recollida. A publicación intégrase nas celebracións que está desenvolver o Concello polo 75 cabodano de Caso Sampedro, autor do Cancioneiro Galego, e que inclúen unha exposición, charlas e concertos.

Que che parece esta nova?
50 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Concello de Redondela, Redondela, Cancioneiro, Tradición oral...