Quiosco: Erregueté 103

A entrega inclúe unha lembranza a Pedro Brandariz e repasa citas como o Galicia Escena Pro ou o festival Atlántica

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Quiosco: Erregueté 103

Está xa nas librarías a entrega 103 da edición impresa de Erregueté. A Revista Galega de Teatro chega cunha entrega nutrida de contidos, nos que repasa unha boa selección de propostas escénicas actuais. Deste xeito, recensións sobre Tabú, O péndulo, A peste, Ás oito da tarde, cando morren as nais ou Continente María entre outras están presentes no apartado de crítica.

Ademais, o volume repasa a última edición da feira Galicia Escena Pro, analiza os dez anos no festival Atlántica de narración oral ou a situación de Vigocultura entre outras propostas. Por sectores, Sabela Ramos e Manu Lago abordan a cuestión de se hai público para a danza, Comba Campoi escribe sobre o estudo Titeredata e Santi Prego aborda a última xeira do Festival de Títeres de Redondela. A entrega inclúe tamén unha lembranza para o falecido Pedro Brandariz asinada por Carlos Sante Varela.

Que che parece esta nova?
82 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Erregueté 95

Quiosco: Erregueté 95

A nova entrega da Revista de Teatro inclúe un texto dramático de Francisco Javier Suárez Lema

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Erregueté, Pedro Brandariz, Galicia Escena PRO, Teatro...