Este mércores continúan as representación da nova produción do Centro Dramático Galego estreada durante a Semana Santa, ' Ás oito da tarde, cando morren as nais', con dirección e dramaturxia de Marta Pazos. A montaxe leva a escena o texto da creadora escénica AveLina Pérez galardoado co Premio Álvaro Cunqueiro en 2018 e conta con Camila Bossa, Sabela Domínguez, Xosé Manuel Esperante, Davide González, María Llanderas, Alba Loureiro e Toni Salgado no elenco. Haberá novas sesións do programa ImproVersións, dirixido por Antón Coucheiro e que ofrecerá versións aloucadas e improvisadas arredor de 'Ás oito da tarde, cando morren as nais'. Serán os luns 18 e 25.
Recomendada para maiores de 12 anos, 'Ás oito da tarde, cando morren as nais' sitúa o público como elemento central da obra e analiza a relación entre o teatro e a súa recepción. En palabras de Marta Pazos, a posta en escena, na que se reproduce unha sala teatral, "pretende recoller a loucura que hai detrás da obra de AveLina Pérez", de xeito que o público "é o protagonista e a actriz preséntase como público do propio público". A obra é un canto coral sustentado no baleiro, un xogo irónico sobre a relación entre o teatro e a súa recepción. Aquí, a procura da identidade individual, amparada na masa superficial e ignorante, que presume de coñecementos inútiles, amósase indecente. Nun teatro, lugar (supostamente) de encontro, asistimos ao espectáculo da estupidez. E debaixo de todo o insultante: nós. A parte das realizacións artísticas confórmana Rut Balbís, como responsable do movemento, Hugo Torres, do espazo sonoro, Nuno Meira, da iluminación, e Blanca Añón, da escenografía. Completan o equipo Pier Paolo Álvaro e Esther Quintas, quen asumen o vestiario e a caracterización, respectivamente. Nas asistencias figuran Iria Azevedo, na de dirección, Pablo Chaves Maza, na de escenografía, Roger Portal Cervera, na de vestiario, e Xandre Vázquez, na de produción.
Xira con máis mobilidade
O espectáculo estará en cartel na sede do centro, no Salón Teatro de Santiago ata o 1 de maio con 14 sesións e logo xirará ata xuño polos concellos de Cee, Cedeira, Catoira e A Estrada, así como polas localidades portuguesas de Beja, no marco do Festival de Teatro do Alentejo, e Coímbra, dentro do festival de teatro iberoamericano. A montaxe permanecerá en cada un dos concellos galegos durante catro días, un deles dedicado a unha función escolar para centros de ensino medio. Convértese así na primeira produción deste ano en saír de Compostela tras da pandemia e incluirá de novo un programa de mobilidade polo cal se posibilitará o desprazamento de público por medio de autobuses tanto nos concellos onde teñan lugar as representacións para ás súas contornas coma ao Salón Teatro, do xeito que xa se fixera coas representacións de 'A peste'.