A Vicepresidencia da Deputación de Lugo anunciou onte a adquisición da metade do castelo de Caldaloba, en Cospeito. Trátase dunha parcela de case 20.000 metros cadrados que, segundo a Deputación, "inclúe a metade da Torre -53 metros cadrados de planta- e o sistema de fosos e contrafosos defensivos escavados no perÃmetro da edificación, ademais dun pozo e o acceso principal ao recinto". Segundo Maite Ferreiro, "tras varios meses de xestións para esclarecer a propiedade dos terreos e de conversas coas persoas titulares, este venres levaremos á Xunta de goberno a proposta de compra". Dase a circunstancia de que o Conselleiro de Cultura, Román RodrÃguez, asinara un acordo en xuño deste ano co concello de Cospeito por 100.000 euros para que o castelo de Caldaloba pasara a ser propiedade municipal. Segundo Ferreiro, "a intención da Vicepresidencia da Deputación é acadar, en canto sexa posible, a propiedade da totalidade da Torre e da súa contorna de protección coa adquisición da parcela colindante". No caso de non ser posible, a Deputación estudarÃa "outras vÃas de actuación". O castelo de Caldaloba, localizado sobre un antigo castro, conta cunha torre en estado ruinoso e é coñecido por protagonizar o último episodio de resistencia da familia de Pardo de Cela contra os Reis Católicos, a cargo da filla do Mariscal, Constanza de Castro, e o seu home, Fernán Ares de Saavedra.