Cospeito formaliza coa Xunta un convenio para adquirir a torre de Caldaloba

O importe ascende a 100.000 euros

7/6/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: patrimonio
32 lecturas | Compartido 0 veces

O concello de Cospeito asinou coa Consellería de Cultura da Xunta un convenio por un importe de 100.000 euros para a adquisión, por parte do consistorio chairego, da torre de Caldaloba e parte das fincas do sitio arqueolóxico correspondente á fortaleza de Vilaxoán. Por parte do goberno galego, foi Román Rodríguez quen destacou as diferentes actuacións levadas a cabo pola Xunta na torre nos últimos anos. Caldaloba ten sido nos últimos anos centro das reivindicacións veciñais, quen destacan na súa historia a vinculación con Constanza de Castro, filla do Mariscal Pardo de Cela, e o asedio que sufriron ela e o seu home Fernán Ares de Saavedra por parte dos comisionados dos reis de Castela, e que remata coa tráxica morte de Constanza e a rendición de Fernán Ares. A vontade do concello é poñer en valor os restos.


Universo culturagalega.gal

21/05/2021

A Torre da Fin

Coñecemos o épico asedio de Caldaloba, onde finalizou a resistencia da nobreza galega aos Reis Católicos

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Torre, Ares, Román Rodríguez, Morte...