O 'ano Faraldo' destaca en Betanzos

Celebraranse xogos florais entre o 26 e o 28 de agosto

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Antolín Faraldo

Antolín Faraldo

A área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña promove os Xogos Florais que os vindeiros 26, 27 e 28 de agosto celebrarán en Betanzos o legado de Antolín Faraldo. Actuacións literarias e musicais, un slam poético para menores de 35 anos e un concurso xornalístico será o centro da programación que busca chamar a atención sobre a "obra e traxectoria do escritor e xornalista Antolín Faraldo". Faraldo foi un dos máis destacados activistas que participaron na revolución provincialista de 1846 que remataría cos fusilamentos de Carral. Os xogos florais complementaranse con "pequenos audiovisuais" que abordarán temáticas tratadas por Faraldo nos seus textos xornalísticos como a liberdade de imprenta, o suicidio, feminismo, a mellora das comunicacións internas en Galicia e a organización territorial do Estado.

Que che parece esta nova?
67 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Betanzos, Normalización Lingüística, Deputación da Coruña, Carral