Cultura achega cartos para a celebración do centenario dunha Academia Galega que pide o recoñecemento dos mártires

Cartos, xogos e outros estudos

| Santiago. Redacción | Seccións: Sociedade
Compartir:
Neste “Ano da memoria”, o presidente da Real Academia Galega (RAG), Xosé Ramón Barreiro Fernández, instou a necesidade de recoñecer os mártires para normalizar o noso país. Por iso, mentres a conselleira Ánxela Bugallo e Barreiro Fernández asinaban un convenio polo que cultura achega 100.000 euros aos actos de celebración do centenario da RAG, comentaron que estaban a barallar a posibilidade de fixar o 17 de agosto como Día da Galicia Mártir. Os actos da Academia continuaron esta fin de semana en Tui coa conmemoración do 115 aniversario dos Xogos Florais, o primeiro foro no que se reivindicou o uso público do galego. Mentres tanto, o académico Xesús Ferro Ruibal anunciou en Lugo que a RAG tentaría reunir os estudos sobre toponimia de Nicandro Ares.

Máis información sobre o recoñecemento dos mártires en Galicia Hoxe, sobre os Xogos Florais en La Voz de Galicia e sobre o anuncio sobre os estudos de Nicandro Ares en El Progreso deste sábado

Que che parece esta nova?
29 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ares, Xosé Ramón Barreiro, Ánxela Bugallo, Galicia Hoxe...