O portal Historia de Galicia lanza o podcast 'Que din os rumorosos?'

A primeira tempada está centrada na época medieval

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:

O xornalista Xurxo Salgado dirixe unha nova serie de podcast titulada 'Que din os rumorosos', no que aborda a historia de Galicia e que se difunden, ademais de plataformas especializadas como iVoox ou Spotify, a través de diferentes medios locais radiofónicos ou interactivos. Esta primeira entrega de programas inaugurouse o 25 de xullo coa publicación dos dous primeiros episodios e estará centrada integramente na Idade Media. Nel participan historiadores como Anselmo López Carreira, Carlos Tejerizo, José Miguel Andrade Cernadas, Xosé Sánchez ou Diana Pelaz entre outros, e conta asímismo con tres microespazos independentes realizados polo arqueólogo Xurxo Ayán, a historiadora da arte Carolina Casal e o actor Avelino González. Os programas abordar cuestións como o reino de Galicia, o papel da igrexa, o campesiñado e os servos, a presenza da muller ou os Irmandiños.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Historia de Galicia, Xurxo Salgado, José Miguel Andrade, Anselmo López Carreira...