Neste verán achegarémonos a aspectos singulares da literatura galega a través de conversas delongadas e abertas con especialistas e creadores de traxectoria consagrada e olladas complementarias. Desta volta, exploramos como a natureza e a terra, moi presente na literatura e nos imaxinarios máis identitarios de Galicia de vello, se plasma na creación contemporánea, entre a tradición da escrita e os novos activismos e conciencias ecolóxicas. E para iso falamos cos escritores Manuel Rivas e Olga Novo e a critica literaria Chus Nogueira.
En 1863 RosalÃa de Castro publicou o libro considerado pola crÃtica como punto de partida da literatura galega moderna: Cantares Gallegos, unha colección de poemas que inaugurou a expresión culta na lingua galega tras séculos de marxinalidade impresa. E apenas na segunda frase do prólogo, a poeta marca a que será unha das marcas de identidade da literatura do paÃs para o futuro: a súa relación coa natureza. RosalÃa de Castro define á poesÃa galega: "murmurando unhas veces cos ventos misteriosos dos bosques, brillando outras co raio de sol que cae sereniño por enriba das augas dun rÃo farto e grave que corre baixo as ramas dos salgueiros en flor".
Desde entón, cos seus altos e baixos, a literatura galega nunca se separou demasiado desa conexión Ãntima co territorio e a paisaxe. Máis alá da tradicional querenza pola paisaxe dos movementos nacionais xurdidos en Europa a partir do Romanticismo dos que a propia cultura galega tomou parte a través do Rexurdimento, a literatura galega explorou os seus propios camiños á hora de se achegar á natureza. HoxendÃa, a edición occidental vive unha efervescencia da coñecida como nature writing, a escrita da natureza, e que se plasma en ensaios sobre ecoloxÃa, libros de viaxes, obras de auto ficción ou novelas que reivindican o retorno ao medio rural. Como afronta a literatura contemporánea galega este momento? Dun xeito singular, entre unha longa tradición cultural e as novas correntes da escrita.
RaÃces e vangardas
Manuel Rivas, escritor e Premio Nacional de Narrativa (1996) por Que me queres, amor? está convencido de que no substrato cultural hai moito abono para tal interese: "Temos unha tradición literaria que corresponde cun xeito de estar do pobo galego. Xa no primeiro sermón dirixido aos galegos, o De correctione rusticorum de Martiño de Dume, do século VI, o bispo carga a súa énfase fronte a un panteÃsmo ambiental dos habitantes da antiga Gallaecia. Coa perspectiva do tempo, sabemos que os que tiñan razón eran os destinatarios do sermón", afirma con ironÃa.
"Na literatura galega hai unha vangarda incesante que vai na mesma liña de incorporación da natureza", explica Rivas. "Nos cancioneiros medievais galego portugueses, o poeta a quen lle dirixe as preguntas e á natureza. No Rexurdimento, cando se retoma a palabra, tamén se dá esa condición. Lembremos a tola de RosalÃa de Castro. E pasa o mesmo na Xeración Nós, e na poética que lle presta a dúas das grandes voces da literatura galega do século XX, Manuel Antonio e LuÃs Amado Carballo. Por eles fala a natureza. E baixo o franquismo, é a terra a que se expresa a través de UxÃo Novoneyra. Sempre está ese ciclo que lembra o trÃscele da vida, da morte, e da vida".
Canto desa enorme presenza da paisaxe na literatura galega procede da tradición literaria culta occidental, no que a natureza é sempre beleza e refuxio? Un aspecto chamativo é que non é doado atopar na literatura galega libros que falen da necesidade do reencontro coa natureza, de descuberta dos bosques ou de viaxes a pé ao longo de roteiros de montaña. En parte pode ser debido a que en Galicia, cos fortes vÃnculos familiares no rural, nunca nos marchamos tan lonxe da natureza para botala de menos. Para a poética radicalmente contemporánea que constrúe desde a súa infancia Olga Novo, Premio Nacional de PoesÃa 2020 por Feliz Idade, cando menos asà foi. Novo é unha das voces máis singulares da poesÃa galega actual. A súa historia é moi distinta á doutras creadoras do seu tempo.
"Hoxe podemos falar dunha certa moda na literatura europea na procura da natureza como refuxio espiritual, pero tamén é unha visión moi antropocéntrica. Emprega a natureza como recurso humano para a contemplación estética. No meu caso non foi asÃ. Eu xa estaba dentro", explica.
Novo naceu en 1975 no seo dunha familia labrega do lugar de Vilarmao, na Pobra do Brollón. Inmersa na cultura labrega tradicional da súa parroquia e na tradición oral, a poeta viviu un proceso de entrada á creación literaria nada frecuente para unha nena de principios dos anos 80. "Crieime nunha casa sen libros, e comecei a escribir sen ter referentes literarios escritos", explica a poeta. "Eu era a única nena da aldea e tiña moito tempo para min. Meu pai era analfabeto pero tiña os grandes saberes, os saberes profundos do campo. A miña nai tamén estaba dotada dunha sensibilidade extraordinaria. Eu marchaba polas tardes para a fonte da aldea e púñame a escribir. Como non tiña referentes literarios, escribÃa da miña contorna inmediata e natural". Pero esa natureza non era paisaxe, cando menos no sentido no que se entende este no mundo culto europeo. Novo lembra ao seu pai: "Un labrego non tiña no seu vocabulario a palabra paisaxe. Meu pai falaba da terra, dun leiro, dun campazo... era a terminoloxÃa concreta do uso agrario das distintas parcelas. Para os labregos, o agro non era un espazo de contemplación, ou un espazo de traballo ou de labor. Pero iso non quere dicir que non foran sensibles á beleza, era unha mirada práctica".
Esa ollada interior fixo que para Olga Novo a paisaxe non fose desde logo ese espazo que se mira desde o balcón ou na excursión de fin de semana. "A miña poesÃa ten que ver cunha mirada total, que non responde ás concepcións binarias sobre as que está asentada a nosa cultura occidental. É unha mirada reintegradora do cosmos". A natureza non está disociada do resto da experiencia humana, é a experiencia humana. E do resto das especies. Cos anos, Olga Novo farÃase doutora en FiloloxÃa Galega, pero a cerna orixinal da súa poesÃa xa estaba creada. "Na miña poesÃa conflúen dous mundos, o das mal chamadas baixa que vivÃn de pequena e a alta cultura da Universidade. Moitas veces pregúntanme como é que no medio dun poema de vacas aparece Derek Walcott. Eu non atopo contradición nos dous mundos".
Porén, na mesma ollada da paisaxe hai moito máis alá da idealización dun pasado rural. Manuel Rivas, que reivindica os románticos que descubriron o poder evocador da natureza para as letras modernas, explorou o territorio da Costa da Morte desde a literatura desde os seus primeiros poemarios nos 80 e 90. Certo é que xa estivera presente na poesÃa de Eduardo Pondal no XIX ou na de López Abente no XX, pero Rivas conectou dun xeito novo o persoal co paisaxÃstico. "A Costa da Morte é o meu punto cero. Gústame a idea dun pobo que habita ao borde do cantil. Todos vivimos no que algunha xente chama a primeira liña de risco, estamos na beira, somos dunha constelación que habita ás marxes".
A natureza como unha constante vangarda, mergullada no fondo da creación poética ao longo dos séculos no paÃs, e a natureza como o cosmos que o integra todo, como un alento que tamén se percibe na poesÃa campesiña pero que se formula como tal na poesÃa contemporánea. Dous mundos aos que nos últimos anos se lle suma un terceiro vector: a acción ecoloxista, a toma de conciencia e a idea de agresión medio ambiental.
A poesia como reacción
"O que predomina na literatura galega é o modelo dunha natureza idealizada e unha paisaxe cargada de valor identitario. A nosa poesÃa xurdiu precisamente de aÃ. AÃnda estamos moi apegados tamén a moitas imaxes do rural que son decimonónicas, ás veces idealizadas e ás veces pexorativas", afirma Chus Nogueira, profesora da Universidade de Santiago de Compostela. Nogueira comezou a analizar como nun momento determinado, naceu esa actitude resumida no concepto "ecopoesÃa". "Hai unha maior vontade, unha maior conciencia de acción ao redor da natureza", resume a investigadora.
Para Nogueira, o punto de partida desta poesÃa de reacción ecolóxica foi a mobilización social ao redor da construción do encoro de Castrelo de Miño, a mediados da década de 1960. Esta obra hidroeléctrica, propio da fase 'desarrollista' da dictadura franquista dentro das polÃticas de industrialización do réxime, tivo un gran impacto no rico territorio vitÃcola do Ribeiro. No ambiente da época, naceron poemas que, por primeira vez, reaccionaban dentro daquel ambiente de compromiso social, explicitamente cara a agresión medio ambiental. "Non foron moi consideradas despois porque se vÃan como unha poesÃa de resistencia, moi militante, e non entraron no canon", explica Nogueira. A investigadora fala de como non é doado reconstruÃr o alento poético ecoloxista na literatura galega ao longo das seguintes décadas, ciscado en todo tipo de publicacións e ausente das grandes narrativas da poesÃa das primeiras décadas da autonomÃa. "Se cadra a emerxencia doutro tipo de poéticas nos anos 90, como o boom das escritoras, provocou que estas temáticas ficaran menos visibles".
O impacto do Prestige
E logo chegou a catástrofe do Prestige en novembro de 2002, o afundimento dun petroleiro diante das costas de Galicia que provocou un dos maiores verquidos da costa europea nas últimas décadas e unha intensa -e certamente inagardada- mobilización social . Para Nogueira, ese foi un auténtico punto de xiro. "ProducÃronse ata catro publicacións nos que participaron practicamente todas as voces poéticas activas en Galicia, algo que ocorrera raras veces", explica a investigadora, "algunhas das poéticas eran puramente de circunstancias, pero habÃa outras que se incardinaban en liñas que se viñan desenvolvendo e que agora se facÃan máis visibles". Os libros colectivos editados durante os meses de 2003 e 2004, con posterioridade á catástrofe medio ambiental, amosan un fenómeno novo. "Eu teño falado con colegas que tamén reivindican experiencias anteriores, pero creo que como fenómeno o Prestige foi un modelo de autoorganización mesmo na escrita. Foi interxeneracional e favoreceu ou naturalizou discursos ecopoéticos. Que xa existÃan. Naquel momento AntÃa Otero estaba escribindo sobre os eucaliptos, Calros Solla ou Mariña Pérez Rei sobre os eólicos".
A pegada do Prestige é moito máis alongada no caso da poesÃa que da prosa en lingua galega. "Creo que ten que ver con esa función militante que sempre tivo a poesÃa e que é moito máis publicable, moito máis difundible. Un proxecto narrativo ten outra complexidade", explica Chus Nogueira. Pero esa pegada percÃbese en poemarios como Galicia en bus, de MarÃa Reimóndez, que recupera o tema do Prestige. Na novela Veu visitarme o mar, de Rosa Aneiros. Ou no propio traballo de Manuel Rivas, que estivo moi involucrado na plataforma Nunca Máis e nas mobilizacións sociais dos dÃas do Prestige. "Tocoume escribir unha gran parte dos manifestos, sabendo que eras un intermediario. HabÃa unha excitación cÃvica e das conciencias. Aparte das razóns obxectivas da mobilización, non hai moitos casos a nivel mundial no que se dese un movemento similar por un motivo ambientalista, que tivo tamén esa dimensión local e universal".
O propio Rivas continuou posteriormente coa escrita de denuncia ambiental, mesmo tamén no ámbito do ensaio, nun exercicio pouco frecuente nos escritores galegos de narrativa e poesÃa. En Zona a defender (2020) Rivas defende "un novo contrato social coa natureza". "A escrita ten que ser sentipensante, mesmo na dimensión sensorial", afirma Rivas, "a identificación máis profunda que pode haber coa ecoloxÃa é que a linguaxe e as palabras forman parte da natureza". Para o escritor coruñés, a literatura pode contribuÃr a chamar a atención simbolicamente sobre a perda da biodiversidade observada nos últimos anos. "A literatura pode ser un xeito de desextinción. Sobre todo pensando na ollada, no espazo da perda, a literatura pode recompor, porque a literatura responde a un medo, que é o máis humano dos medos, que é o medo ao abandono. Hoxe podemos trasladar ese medo ao abandono na natureza".
"Creo que se inverteu o medo. Antes a natureza era o lugar do misterio e do medo, pero agora é o lugar do refuxio". Rivas alude ás súas charlas nos centros de ensino. "Onde noto máis conexión cos rapaces é precisamente a través destas historias da perda, das especies que xa non están".
A sociedade galega é xa, na súa gran medida, urbana. E iso pode estar provocando os propios cambios na literatura galega. "Creo que a a musa do ser humano é a conciencia", explica Manuel Rivas, "e onde hai a imposición dunha distancia é onde tamén hai máis conciencia, ou máis curiosidade. Cando se fala de que iso do ecoloxismo é cousa de urbanitas, é que é xustamente nunha cidade onde temos ese medo ao abandono".
Un rural tranxénico
E é que a sociedade rural galega transformouse nos últimos anos de xeito radical. A desertización e envellecemento do rural, a mecanización e industrialización do seu solo a través das grandes plantacións forestais e as eólicas e a perda da vella cultura ancestral provoca cambios. E algúns poetas son capaces de reparar neles. "Esa relación que establecen Olga Novo, Lupe Gómez ou Carlos Negro cun rural tranxénico e en transición", no que o antigo mundo desaparece por unha realidade nova na que se cruzan as transformacións estéticas do espazo. E ao que se suma o feminismo, tamén perceptible na poesÃa. "Hai dúas manifestacións. Unha no que ten que ver co labor colectivo das mulleres, como salvagardas da natureza, e que aparece na poesÃa do Prestige. Outra, que a min me parece máis interesante, é amosar como tanto as mulleres como a natureza somos vÃtimas do patriarcado e o capital, na mesma medida que a propia natureza. Hai un poema do Prestige de Lupe que fala de que ten un barco aberto entre as pernas. Ela séntese violada como a natureza como o propio accidente". Para Olga Novo, "o corpo non deixa de ser un animal máis. O feito da integración do corpo co resto da materia implica a anulación da xerarquÃa entre as distintas especies do vivinte".
Desde o Prestige, a poesÃa galega incorporou a conciencia ecolóxica, construÃda sobre as antigas poéticas culta e popular da literatura galega. "Olga Novo, Luz Pichel, Emilio Araúxo, Calros Solla, Carlos Negro, Manuel Rivas, Marilar Aleixandre ou Dores Tembrás", enumera Chus Nogueira. "Esta última poeta, que naceu no ano 1979 e polo tanto, xa non coñeceu aqueles feitos de Castrelo de Miño, dialoga en Auga a través (Apiario, 2016) co documental Os dÃas afogados, de Luis Avilés e César Souto, en el que se narra como a construción do encoro de Lindoso anegou dúas aldeas. Ou Medos Romero, en A ansia do lóstrego, se achega ao impacto no territorio e na sociedade na mina de carbón de As Pontes de GarcÃa RodrÃguez".
"Todas estas mudanzas e transformacións levarannos a outro mundo rural, diferente ao que nós vivimos", afirma Olga Novo, "e se cadra tamén este proceso de transformación do rural tamén se produce con retraso con respecto a outras zonas de Europa, pero acabarase producindo porque á superestrutura non lle interesa unha cultura que tende á autarquÃa e independencia económica". En ensaios seriados como O bosque dos cromosomas, publicado na revista Luzes, Olga Novo foi tecendo a memoria desde mundo que desaparecÃa ao redor da súa aldea de Vilarmao. Un dos aspectos que fan interesantes os textos é a indagación nos valores, na ética e no papel do pasado e da memoria no interior nunha sociedade rural que moitas veces se pensa, desde a literatura, en claves xa de pasado ou desde visións etnográficas. Un mundo no que a paisaxe nunca se contempla, senón que se usa, como dicÃa o pai da poeta, e que só ten sentido cando se comprende o que nel se garda de invisible. "Para lermos a paisaxe cómpre aprender un alfabeto emocional que non se ensina nas escolas", reivindica Olga Novo nestes ensaios.
Na conversa, Manuel Rivas alude a un dos seus libros máis prezados, a novela En salvaxe compaña (Xerais, 1994). O narrador da obra é un corvo da Costa da Morte, Toimil, que para na cheminea da casa e está moi atento ao que contan os humanos. En En salvaxe compaña os animais son moito máis conscientes que os protagonistas humanos de si mesmos. Saben o que foron no pasado, homes, pero tamen teñen claro que son no presente, animais que observan o devir dos humanos. Porén, as personaxes humanas da novela xa só son capaces de velos como animais e, xa que logo, como parte do decorado accidental da paisaxe que os rodea. Se cadra esa é a función da literatura. Dar voz a quen non vemos. AÃnda que non fale coma nós.