A coincidir este 15 de xullo coa inauguración da Mostra Internacional de Teatro de Ribadavia (MIT), Ana Abad de Larriba recollerá o XVII Premio Abrente de textos teatrais, que acaba de conseguir coa súa obra A nunca vista. A autora recibirá un premio en metálico de 3.500 euros e verá a súa obra publicada.
O xurado deste galardón que organiza a MIT recoñeceu o traballo desta autora por unha peza que considera "de importante innovación temática" e que "está conectada coa antropoloxÃa cultural galega, relacionada co peche familiar de persoas con diversidades ou fóra do canon estético social imposto".
O fallo destaca que o texto conta cunha "estrutura contundente para amosar con claridade o que e como se quere contar e que abre portas ás nosas tradicións e complexos máis ocultos dun xeito moi eficaz e de gran poder documental", asà como "a tenrura da peza, o seu poder emocional e a capacidade evocativa do universo da personaxe e da súa contorna".
O comité de selección, que emitiu o seu fallo este 14 de xullo, estivo composto por Irene Moreira, Paloma Lugilde, Laura MÃguez e Roberto Pascual, con voz pero sen voto.