Rosalía Fernández Rial obtén o VII Premio Vidal Bolaño

A súa obra Fóra de campo reportaralle 2.000 euros en metálico

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Rosalía Fernández Rial. Fotografía de Bocixa. Fonte: Editorial Galaxia

Rosalía Fernández Rial. Fotografía de Bocixa. Fonte: Editorial Galaxia

A obra Fóra de campo valeulle a Rosalía Fernández Reial facerse coa VII edición do Premio de Textos Teatrais Roberto Vidal Bolaño. A autora recibirá un premio de 2.000 euros en metálicos e verá a súa obra publicada pola Editorial Galaxia. A firma colabora na organización deste galardón que convocan o Concello do Porriño e o IES Ribeira do Louro.

O fallo do galardón destaca desta peza "a súa temática acaída ao premio porque trata o perigo das redes sociais e o poder que exercen na creación da identidade da mocidade. Destacan tamén valores como a sororidade e a detección precoz do acoso". Todo isto "é transmitido a través dunha linguaxe actual e axeitada ao público ao que vai dirixida".

O xurado estivo composto por José Luís Baños de Cos, Ana San Fernando, Delio García Represas e Raquel Castro Martínez, como secretaria e adoptou a decisión por unanimidade. O galardón entregarase o vindeiro 24 de maios no IES Ribeira do Louro.

Que che parece esta nova?
78 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Rosalía Fernández Rial, Rosalía Fernández Rial, Roberto Vidal Bolaño, Concello do Porriño...