María Pujalte protagoniza a XX Semana de Cine de Betanzos

O FanCine de Lemos entregou os galardóns da súa oitava edición

O vindeiro 19 de xullo comeza a vixésima edición da Semana Internacional de Cine de Betanzos. A actriz María Pujalte protagoniza este ciclo monográfico baixo o lema "una mujer frente a la cámara" e recibirá o premio honorífico desta cita. O programa inclúe as proxeccións de Oh Mammy Blue, A mi madre le gustan las mujeres, Semen: una historia de amor e Laura y el misterio del asesino inesperado, protagonizadas por ela.

O programa contará coa presenza de Inés París, que dirixu a Pujalte en dúas das longametraxes que se proxectarán, e mais Marta Sellier, sobrina tataranieta do pioneiro do cinema José Sellier. A organización destaca a "impresionante carreira cinematográfica e televisiva" que desenvolveu a actriz coruñesa homenaxeada, con dúas candidaturas aos premios Goya.

Pola sua banda, o FanCine de Lemos entregou este sábado nove os galardóns da súa oitava xeira. El Semblante, de Carlos Moriana e Raúl Cerezo foi recoñecida como mellor curtametraxe. Canibalismo, de Diego Aballe, obtivo o recoñecemento a mellor curta galega, e Covid Love de René Nuijens fíxose co premio internacional. Oro de Manuel Valcárcel foi a obra escolleita para o premio do público e a curta Loop recibiu unha Mención Especial.