O Concello de Vigo presentou o Plan municipal de lectura 2004-2007, unha iniciativa para a potenciación e animación á lectura. O plan contempla entre outras facetas a dinamización da rede de bibliotecas de barrio e do Verbum como espacio de comunicación, ademais de campañas de difusión da literatura en todos os seus eidos. Como primeiro paso inÃciase xa un programa de catro anos para potenciar e dotar aos puntos de lectura das asociacións veciñais e agrupacións culturais. O programa contempla a elaboración do Mapa municipal de puntos de lectura para poder telos rexistrados e dotalos de material. O Concello distribuirá entre os cidadáns unha publicación coa información sobre todos estes lugares da cidade. Con esa fase completada abordarase en coordinación con estes puntos de lectura a Campaña municipal de animación á lectura “Na túa casa un libro”.
Máis información no Xornal do Concello de Vigo