Pardo de Guevara deixará a dirección do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento en setembro

Continuará como profesor de honra na institución

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
Eduardo Pardo de Guevara. Foto: Kyel XFN

Eduardo Pardo de Guevara. Foto: Kyel XFN

Onte o historiador Eduardo Pardo de Guevara y Valdés anunciou que deixará a dirección do Instituto de Estudios Galegos Padre Sarmiento do CSIC o 14 de setembro, ao cumprir 70 anos, que é a idade máxima prevista pola normativa para exercer ese cargo dentro desta institución do CSIC. Pardo de Guevara exerceu a dirección deste instituto de investigación durante 28 anos e continuará vinculado ao centro como profesor de investigación 'ad honorem'. Eduardo Pardo de Guevara fixo o anuncio no que será un dos últimos eventos organizados polo IEGPS durante a súa dirección: a presentación do libro Las reliquias de Santiago. Documentos fundamentales de la reinventio de 1879, de Antonio M. Pazos. Eduardo Pardo de Guevara conta cunha dilatada traxectoria en estudos xenealóxicos, nobiliares, heráldicos e dos grupos de poder aristocráticos en Galicia entre a Idade Media e a Moderna.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con CSIC, Idade Media, Martín Sarmiento, Medios de comunicación

Claves

Protagonistas
Entidades