O Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, en Compostela, acollÃa esta mañá a presentación da descuberta do testamento do Mariscal Pedro Pardo de Cela. Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, director do Instituto, foi o responsable do achado do documento, que se conservaba na Real ChancillerÃa de Valladolid como parte do material dun pleito entre os descendentes de Pardo de Cela e o Bispado de Mondoñedo. En total apareceron tres exemplares do texto, copiados ante notario a partir do orixinal en galego, e entre os que hai lixeiras diferencias.
O contido especÃfico do testamento en si non é especialmente revelador sobre as circunstancias da morte do Mariscal, aÃnda que aclaran a súa intención de ser enterrado primeiramente en Mondoñedo e logo trasladado á igrexa de San Francisco de Viveiro. Ademais, rexistra por vez primeira a existencia dun fillo do Mariscal, ata o de agora descoñecido. Trátse un tal Juan Núñez Pardo que posiblemente era ilexÃtimo e que, se supón, morreu novo sen deixar descendencia.
Por outra banda, a partir das testemuñas que asistiron á elaboración do testamento,Pardo de Guevara estableceu que o Mariscal estaba preso cando o elaborou e que foi degolado o 3 de outubro de 1483, fronte á crenza popular de que morrera o 17 de decembro.
O Instituto Padre Sarmiento realizará o vindeiro 1 de febreiro unha xornada arredor da figura de Pardo de Cela. Na mesma darase lectura a este documento e diferentes especialistas abordarán o personaxe e a súa época.