Unha memoria familiar moi longa

Eduardo Pardo de Guevara analiza a relación das liñaxes e o poder na Baixa Idade Media galega

11/7/2012 | Santiago. Redacción | Seccións: sociedade
22 lecturas | Compartido 0 veces

Castelo de Ferreira (Pantón). Ilustración: Xosé Antón García Gonzáles Ledo

O historiador Eduardo Pardo de Guevara y Valdés, delegado do CSIC en Galicia, presentou recentemente a súa colección de ensaios De linajes, parentelas y grupos de poder, no que se mergulla nas complexas relacións dinásticas das familias aristocráticas na Idade Media, a súa orixe e os símbolos cos que construíron o seu patrimonio máis valioso: a memoria da liñaxe ao longo dos séculos. Falamos co historiador para coñecer estes mecanismos da memoria cultural.
Para Eduardo Pardo de Guevara, hai que mirar con novos ollos a Xenealoxía. Lonxe da estampa do "coleccionista de devanceiros", devoto da árbore xenealóxica familiar, este historiador e actual delegado en Galicia do CSIC demanda unha nova visión da Xenealoxía como materia social, convertida nunha disciplina que apoia o estudo dunha nova dimensión social. Así o quere demostrar coa compilación de ensaios De linajes, parentelas y grupos de poder (Fundación Cultural de la Nobleza Española, 2012), no que investiga en como os nobles galegos da Baixa Idade Media se ven a si mesmos e como constrúen a noción de liñaxe e parentesco familiar que lles permitiría sustentar o seu poder.

A partir da conversa con Eduardo Pardo de Guevara elaboramos un infográfico que explica os grandes cambios na noción da aristocracia na Idade Media galega ao longo dos séculos (sempre un pouco máis tarde que noutras áreas de Europa, como Francia), e como os grupos nobiliarios galegos desenvolveron mecanismos para perpetuar a memoria familiar como base para consolidar o seu poder.

Aquí podes descargalo en tamaño real e aquí previsualizalo:

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
2 lugares identificados
Claves temáticas
Entidades
Lugares