A Casa de RosalÃa acollÃa este sábado 18 de xuño a presentación de Intimidación, poemario de presentación do colectivo Maiakovski, publicado por Xerais. Este novo grupo poético reúne nomes destacados das letras do paÃs coa intención de desenvolver propostas de creación colectiva.
Xerardo Quintiá, Baldo Ramos, Daniel Salgado, Elvira Riveiro, Tamara Andrés, Lara Dopazo, Cristina Ferreiro, Carlos Negro, Lois Pérez ou Mariña Pérez Rei conforman este novo grupo. Segundo explica a presentación do colectivo, "sen menosprezar o esforzo individual, deberiamos recoñecer cando menos que a literatura ten moito máis peso colectivo do que se lle outorga, e que a autorÃa é unha creación relativamente moderna que medra ao amparo do selfie e do copyright".
Neste sentido, Maiakovski reivindica que "de seu, a escrita colectiva non se crea superpoñendo ladrillos cunha argamasa de unión matemática; poida que se asemelle máis ben ao xogo do tetris ou a un crebacabezas, buscando ocos, mellorando a habitabilidade e os fluxos, ocupando aqueles espazos que delatan eivas, carencias, hipérboles e outros vicios ocultos da construción".
A obra Intimidación, segundo explica o colectivo, "nace da poética fundacional de Xerardo Quintiá, que se vén unir á serenidade incisiva da palabra de Baldo Ramos". A obra, que se compuxo a incorporar propostas das diferentes sinaturas participantes sobre textos base, "vaise estendendo coa achega de voces variadas, desde a ollada social de Daniel Salgado á fina perspectiva feminina de compañeiras poetas que enriquecen a linguaxe como Elvira Riveiro, Tamara Andrés ou Lara Dopazo; desde a mestura de texto e imaxes poderosas de Cristina Ferreiro, á atenta sensibilidade suxestiva de Carlos Negro, ao cuspe de furia necesario de Lois Pérez e a captación sensitiva de Mariña Pérez Rei".