A novela gráfica Celle qui parle foi seleccionada polas librarÃas francesas de Canal BD como finalista ao premio que este colectivo outorga cada ano no Festival de banda deseñada de Angoulême, o máis recoñecido do paÃs galo. A obra, publicada en español por Nuevo Nueve como Soy la Malinche, é da autorÃa da viguesa Alicia Jaraba.
Publicada en Francia por Grand Angle, a obra de Jaraba conta en preto de duascentas páxinas a historia da Malinche, indÃxena que actuou de intérprete para as tropas de Hernán Cortés durante o proceso de conquista de México e acado un importante protagonismo neste proceso.
Ao tempo, Edicións Xerais continúa a incrementar o seu catálogo de BD nos últimos meses. Fon acaba de publicar con esta editora Cósmico o bombeiro galáctico, obra gañadora do III Premio de BD o Garaxe Hermético. Canda a isto, a editora viguesa incorpora o segundo volume da serie Xinfu, Múxel Attacks, na que este cadelo especialista en artes marciais creado por Adrián Morgade debe enfrontar unha ameaza submarina.
E, para o público máis novo, acaba de tirar á luz Miñoca e pega e Miñoca e coello, dous volumes con guión de Ramón D. Veiga e debuxo de Iván R. que nos contan as curiosas aventuras deste espécime. Estas dúas obras tamén viron a luz en castelán da man da editorial TakaTuka.
Aira Editorial, pola súa banda, ten en distribución As ruÃnas de Lisboa, obra debut de Esteban Souto. Esta novela gráfica conta o xeito no que un grupo de amigos se enfronta ao amor e á rutina durante unha viaxe á capital portuguesa.