A Xunta restaurará as pinturas murais da igrexa guitiricense dos Vilares

O proxecto supera os 70.000 euros

| Santiago. Redacción | Seccións: Arte
Compartir:
Detalle dos frescos. Foto: Lista Roja del Patrimonio / Hispania Nostra

Detalle dos frescos. Foto: Lista Roja del Patrimonio / Hispania Nostra

Nos últimos anos, o estado preocupante do ciclo pictórico tardogótico da igrexa de San Vicenzo dos Vilares (Guitiriz) fora obxecto dunha importante mobilización social na chaira luguesa. Hoxe o DOG publica o concurso público para a contratación da restauración destas pinturas murais por un importe de 71.440 euros, cofinanciados ao 80% con fondos europeos. Segundo o informe da Dirección Xeral de Patrimonio, os frescos poderían ter sido pintados "nunha época que vai desde o segundo terzo do século XVI á segunda metade de século". O informe técnico detalla que os frescos están alterados "polos fenómenos naturais que determinan as variacións térmicas e a presenza de auga", nun contexto de humidade que agudiza o deterioro das pinturas. As obras contemplan a elminación de morteiros accesorios, a reintegración e reposición de morteiros, a reintegración cromática e unha iluminación ornamental que facilite a visualización. A Consellería de Cultura asinou un convenio coa Diócese de Mondoñedo-Ferrol para realizar estes traballos.

Que che parece esta nova?
66 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Consellería de Cultura, Dirección Xeral de Patrimonio, Ferrol, Guitiriz...