Finaliza a restauración dos frescos de Moraime

O proxecto tivo un custe de máis de 38.000 euros

12/2/2018 | Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

Os técnicos remataron a restauración dos frescos da igrexa de San Xiao de Moraime (Muxía), un dos templos medievais máis relevantes da Costa da Morte. Os frescos, do século XVI, atopábanse nunha difícil condición de conservación debido á humidade e outros axentes degradantes. A Xunta licitou esta restauración, a cargo da empresa Parteluz, por 38.225 euros. Os traballos permitiron localizar e definir figuras, e mesmo mellorar a reinterpretación do fresco e a súa datación, como a través dos roupaxes das figuras representadas.

Que che parece esta nova?
22 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Morte, Muxía, Costa da Morte

Claves

Conceptos