O audiovisual galego sae do encontro internacional Celtic Media Festival na Bretaña francesa con dous galardóns. No evento celebrado na localidade de Quimper outorgouse a distinción de mellor longametraxe (Single Drama –over 30 mins-), á longametraxe 'Ons', de Alfonso Zarauza e que tamén ten no seu palmarés ata nove premios Mestre Mateo do audiovisual galego en 2021. Ademais diso o programa da TVG 'Malicia Noticias' resultou premiado na categorÃa de Comedia. O Celtic Media Festival que promove a cultura e linguas dos paÃses celtas nos ámbitos do cinema, a televisión, a radio e os novos medios de comunicación, ten lugar desde hai 43 anos de forma rotatoria entre Irlanda, Escocia, Gales, Illa de Man, Cornualles e a Bretaña francesa. Nunca se celebrou aÃnda en territorio galego.
'Ons', pelÃcula de misterio e drama con Antonio Durán Morris, Melania Cruz, Miguel de Lira, Marta Lado e Xulio Abonjo como protagonistas, superou no Celtic Media Festival as producións 'Adam' (BBC Escocia), 'Doineann' (TG4 e BBC Irlanda), 'Fin ar Bed 2' (France 3 e France.tv de Bretaña), 'Grav' (S4C de Gales) e 'The Tape' (Cornualles). O noticiario de humor da Galega superou as outras tres finalistas, producións da BBC Escocia, S4C Gales e BBC Irlanda do Norte. O certame contou coa presenza de Fernando R. Ojea, director de Contidos da CRTVG, e de Montse Besada, xefa de Contidos da CRTVG, en representación dos medios públicos galegos.