A sombra da lei de Dani de la Torre obtén un galardón no Celtic Media Festival

Catro producións galegas participaban no encontro escocés

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A sombra da lei de Dani de la Torre obtén un galardón no Celtic Media Festival

A 40 edición do Celtic Media Festival de Aviemore (Escocia) acaba de galardoar o filme A sombra da lei do galego Dani de la Torre co Premio Torc ao mellor filme. Canda a esta produción protagonizada por Luís Tosar participaban no certame o documental Caso Diana Quer: 500 días na categoría Current affairs, o Diario Cultural da Radio Galega, a competir na sección Radio music programme e mais o programa da TVG Historias mínimas no apartado Factual Series.

Que che parece esta nova?
91 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Dani de la Torre, Torre, Luís Tosar, Documental...