Catro candidaturas galegas para a final do Celtic Media Festival

A final celebrarase entre o 4 e o 6 de xuño en Aviemore (Escocia)

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:

Os Celtic Media Festival é un certame audiovisual que se celebra todos os anos nos países celtas das Illas Británicas, servindo de escaparate da produción audiovisual e radiofónica de Escocia, Irlanda, Gales, Cornualles a Bretaña francesa e Galicia. Desta volta, Galicia colocou catro produtos entre as finalistas, todos producidos ou participados pola Televisión de Galicia, que é unha das entidades organizadoras canda as televisións públicas irlandesas ou a BBC, entre outras. Os produtos finalistas son o filme A sombra da lei, o Diario Cultural, o docudrama Caso Diana Quer: 500 días e Historias mínimas. A gala final celebrarase en Aviemore (Escocia) entre o 4 e o 6 de xuño.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Escocia, BBC, Televisión de Galicia, Irlanda...