A Xunta declara BIC o funicular de Valga

Constitúe o único exemplo de funicular para transportar materiais "que pode ser conservado"

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:
Foto: Laura de Charo / Obaixoulla.gal

Foto: Laura de Charo / Obaixoulla.gal

A Xunta declarou onte BIC o 'funicular de Valga', o sistema de transporte aéreo de materiais da compañía Novo y Sierra, que foi construído no lugar de Campaña do concello pontevedrés para conectar a mina Mercedes, a antiga fábrica de cerámica Novo y Sierra e o porto do río Ulla. Trátase, segundo a Xunta, do "único exemplo desta tipoloxía (a do transporte aéreo de materiais) que pode ser conservado, dunha tipoloxía industrial moi presente e relevante en Galicia, a da produción cerámica". O conxunto protexido comprende o tramo supervivinte de toda a instalación, entre a vía ferroviaria e o río Ulla, conformando sete torres (catro completas) e un embarcadoiro, e iniciouse a súa construción, con tecnoloxía alemá, en 1927. Con todo, a Xunta recoñece que o estado de conservación do conxunto é "moi precario".

Que che parece esta nova?
46 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ulla, Tecnoloxía, Ben de Interese Cultural

Claves

Lugares