Galaxia e a RAG reciben un dos premios aos libros mellor editados

O Ministerio de Cultura recoñeceu a edición facsimilar de Maxina ou a filla espuria

| Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:
Orixinal e facsímile da novela. Fonte: RAG.

Orixinal e facsímile da novela. Fonte: RAG.

Os galardóns aos libros mellor editados en 2021 que outorga cada ano o Ministerio de Cultura recoñeceron un proxecto de Galaxia coa Real Academia Galega. A edición facsimilar da novela Maxina ou a filla espuria de Marcial Valladares recibiu o terceiro premio na categoría de facsímiles. A obra reproduce o manuscrito orixinal do autor conservado na RAG.

O volume publicado pola editorial Galaxia foi editado por Xesús Domínguez Dono, con maquetación Hayat Husein e prólogo de Xosé A. Fernández Salgado. A dixitalización do manuscrito foi realizada por Unayta e o proxecto contou co apoio da Consellería de Cultura. O xurado apuntou que a obra "recupera un texto poco coñecido na súa forma orixinal".

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Ministerio de Cultura, Marcial, Real Academia Galega, Hayat Husein...