A listaxe de Premios aos Libros Mellor Editados en 2023 que fixo pública o Ministerio de Cultura este 20 de maio conta con representación galega. Alvarellos Editora conseguiu o segundo posto na categorÃa de facsÃmiles pola súa edición de Flor de santidad. Historia milenaria de Valle-lnclán.
Este volume reproduce a edición orixinal de 1920 coas ilustracións de José Moya del Pino e inclúe un prólogo de JoaquÃn del Valle-lnclán Alsina e unha introdución de Olivia RodrÃguez-Tudela. O xurado destacou da obra o ser un "gran exemplar, respectuoso e honesto co orixinal".
Pola súa banda, a firma viguesa Creotz Edicions obtivo a terceira posición na categorÃa de Literatura Infantil e Xuvenil con Bestiarium de Dulce MarÃa Loynaz e Mo Gutiérrez. O xurado destacou da obra o "facer un excelente uso do papel reciclado, destacando a tipografÃa lexible para nenas e nenos. Unha encadernación en tapa dura cunha impresión impecable".
En total galardoáronse 184 obras nas cinco categorÃas do certame. Os galardóns carecen de dotación económica, pero as obras gañadoras exporanse nas feiras internacionais do libro Liber (España) e nas de Fráncfort e Leipzig.
O xurado dos premios estivo presidido por MarÃa José Gálvez Salvador, directora xeral do Libro, do Cómic e da Lectura do Ministerio de Cultura; e como vicepresidente actuou Jesús González, González, subdirector xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas. Como vogais participaron Pascual Jiménez Huerta, pola Biblioteca Nacional de España; Olga Palacios Huecas, polo Club de Gráficos Eméritos; David MartÃnez López, pola Federación de Industrias Gráficas; Rosalina DÃaz Valcárcel, pola Federación de Gremios de Editores de España; Juan José Justicia Peláez e RocÃo San Claudio Santa Cruz, como expertos na materia; e Alberto Caballero MartÃnez, xefe de área da Subdirección Xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, polo Ministerio de Cultura.