Kalandraka entra nos Premios de Edición do Ministerio de Cultura

Diógenes e mais Miguel Hernández. 25 poemas ilustrados obteñen cadanseu galardón

18/5/2011 | Santiago. Redacción | Seccións: Literatura
Compartir:

A través da súa filial andaluza, a editora Kalandraka conseguiu dous postos no palmarés dos Libros Mellor Editados de 2010 que entrega o Ministerio de Cultura. Miguel Hernández. 25 poemas ilustrados conseguiu o terceiro posto na categoría de Libro de Arte mentres Diógenes con texto de Pablo Albo, ilustracións de Pablo Auladell, quedou terceiro entre os libros infantís e xuvenís. A editora explica que as obras foron creadas integramente por Kalandraka e realizadas no sector galegos das artes gráficas.

Que che parece esta nova?
48 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Kalandraka, Ministerio de Cultura, Poemas

Claves

Conceptos