Quiosco: Gerión, 39

A revista incorpora as últimas achegas sobre o priscilianismo

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Cuberta do número 39

Cuberta do número 39

"En Galicia, cando menos desde o século XIX, a figura de Prisciliano presenta os trazos propios dun heroe nacional", sinalan os editores do número 39 de Gerión, a revista editada pola Área de Historia Antiga da Universidade Complutense de Madrid. Segundo Pedro López Barja de Quiroga, José Carlos Sánchez Pardo e Rosa Sanz Serrano. Neste volume presentan as achegas do congreso celebrado en Santiago de Compostela, no Consello da Cultura Galega, titulado "Prisciliano e Gallaecia: arqueoloxía e textos". "Un dos resultados se cadra máis paradóxicos daquel congreso sexa o da necesidade de rebaixar un tanto a obsesión por vincular co priscilianismo case todo o que aconteceu en Gallaecia a partir dos xuizos de Tréveris". No volumen achéganse perspectivas sobre o priscilianismo e os ambientes educativos, Prisciliano e as mulleres, o vexetarianismo ou sobre a arqueoloxía da tardoantigüidade na antiga Gallaecia. As publicacións están dispoñibles en pdf no web da revista.

Que che parece esta nova?
70 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Gallaecia nº37

A revista anual de Arqueoloxía e Prehistoria da USC ofrece cinco artigos e dúas recensións

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Gallaecia, Arqueoloxía, José Carlos Sánchez Pardo, Pedro López...