Quiosco: Gallaecia nº37

A revista anual de Arqueoloxía e Prehistoria da USC ofrece cinco artigos e dúas recensións

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

O número 37 da revista académica electrónica de publicación anual Gallaecia da USC , ven de publicarse no seu web. A revista está dedicada á publicación de traballos académicos e científicos, con especial referencia a Galicia e ao cuadrante NO da Península Ibérica, sobre os ámbitos científico-profesionais da Prehistoria, Arqueoloxía, Epigrafía e Numismática, Historia Antiga e Etnografía. Dúas recensións e cinco artigos son os contidos que ofrece esta entrega da revista correspondente ao 2018.Destacan entre os contidos deste número o artigo Entre lo pagano y lo cristiano. Espacios funerarios romanos y tardoantiguos en Galicia, de Laura Blanco-Torrejón e Do planalto ás terras baixas: novas achegas á ocupación da península do Barbanza dende a Prehistoria ata o Medievo, asinado por 12 investigadores. A publicación contén tamén os artigos Brigantium no século XXI: Aproximación aos últimos datos arqueolóxicos da ocupación galaicorromana na cidade de A Coruña (s. I-IV d.c.); Santo Tomé de Tórdea (Castroverde, Lugo). Análisis arqueológico de una iglesia de origen altomedieval e Los azulejos de A Rocha Branca (Padrón, A Coruña): un estudio arqueométrico. A revista Gallaecia sitúase, no período 2005-2009, no posto 13 de 89 entre as revistas españolas de Arqueoloxía e Prehistoria de maior impacto.

Que che parece esta nova?
77 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prehistoria, Gallaecia, Arqueoloxía, USC...