Unha publicación sobre a lingua abre o formato de revistas electrónicas da USC

Ten periodicidade anual e contará con versión en papel

| Santiago. Redacción | Seccións: Lingua
Compartir:

Estudos de lingüística galega é unha publicación do Instituto da Lingua Galega (dependente da Universidade de Santiago, USC) que pretende servir de espazo de debate e intercambio científico sobre a norma idiomática e, ao tempo, servir de análise crítica e difusión da investigación lingüística. Ademais, é a primeira revista de formato electrónico que edita a USC. Ten periodicidade anual, está en galego, as linguas románicas da Península Ibérica, o francés, o italiano e o inglés. Está organizada en tres seccións: Pescuda (inclúe artigos de investigación orixinais sobre lingüística e filoloxía, sobre o galego), Peneira (artigos breves e notas orixinais en relación coa variedade normativa da lingua galega) e Anada (inventario da produción correspondente do último ano e recensións críticas orixinais de traballos lingüísticos).

Que che parece esta nova?
51 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Quiosco: Cumieira das Letras num. 1

Quiosco: Cumieira das Letras num. 1

A nova publicación anual Departamento de Filoloxía Galega e Latina da Universidade de Vigo comeza cun monográfico sobre Álvaro Cunqueiro

Quiosco: Gallaecia nº37

A revista anual de Arqueoloxía e Prehistoria da USC ofrece cinco artigos e dúas recensións

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con USC, Lingua galega, Instituto da Lingua Galega, Península Ibérica