Gallaecia: revista de arqueoloxÃa e antigüidade presenta o seu número 38, correspondente ao ano 2019. A publicación, editada polo Departamento de Historia da USC, acolle no seu novo número artigos relativos a diferentes ámbitos. Desde un texto in memoriam do recentemente falecido profesor José Manuel Caamaño Gesto, ata un estudo de Marta MarÃa Otero sobre as técnicas de produción dos gravados rupestres galegos, pasando pola presentación dun traballo sobre os materiais inéditos de época tardoantiga atopados no asentamento fortificado de Valencia do Sil(VilamartÃn de Valdeorras, Ourense), a cargo de Carlos Tejerizo GarcÃa e outros arqueólogos. Os contidos están en libre acceso.