Portada do BoletÃn Auriense número 54
Acaba de presentarse o número 54 do
BoletÃn Auriense, a emblemática publicación de carácter anual editada polo Grupo Marcelo MacÃas de colaboradores do Museo e Arquivo provinciais de Ourense co apoio da Fundación Olga Gallego. O novo número presenta unha análise dun machado do Bronce final achado en Cea a cargo de José Suárez Otero, novas datacións radiocarbónicas do castro de Castromao (Celanova), da man de LuÃs Orero ou un traballo sobre obxectos de época romana relacionados coa escrita atopados na Cibdá de Armea (Allariz), publicados por un equipo liderado por Alba RodrÃguez. Antonio Costa estuda o motivo do David e o León nos tÃmpanos polilobulados galegos ou Rosa MarÃa Cid estuda a muller no contexto ourensán do primeiro terzo do século XX. Estes e outros moitos contidos se poden atopar no novo número.