É unha das figuras máis documentadas da Hispania Tardorromana e un nome reivindicado como parte fundamental da historia de Galicia. No entanto, Prisciliano continúa a ser un persoeiro pouco analizado desde o punto de vista cientÃfico e fica a miúdo máis vencellada ao mito do que á historia. Con intención de remediar este esquecemento, o grupo de investigación SÃncrisis da Universidade de Santiago celebra esta semana o Congreso O Priscilianismo e Gallecia: ArqueoloxÃa e Textos no que, por vez primeira, se confrontan os achados do traballo de campo e mais da documentación para situar o sacerdote na súa época.
O último congreso cientÃfico sobre Prisciliano que se celebrou en España data de 1981, e só tivo continuidade no Simposio que a Asociación Cultural O Galo organizou en Compostela en 2006. "A figura non foi obxecto de reunións cientÃficas, máis ben houbo encontros divulgativos ou orientados a rescatala para unha determinada liña como a maxia ou o ocultismo segundo o momento", explica Pedro López Barja, coordinador do encontro e membro do grupo SÃncrisis de Investigación en Formas Culturais da Universidade de Santiago. O peso do mito que rodea o personaxe leva a lecturas do máis variado, desde a reivindicación nacionalista ata visións que fan del un continuador de cultos druÃdicos previos ao cristianismo. Malia a isto, investigadores individuais e diferentes traballos teñen seguindo a afondar no personaxe e na súa época desde diferentes centros. " É alguén que continua moi vivo na memoria dos galegos. Houbo estudos monográficos de carácter histórico na universidade, pero moi poucas reunións cientÃficas. Dalgún xeito a universidade tivo medo de que se considerase que o trata con lixeireza. Quizais houbo temor a que un congreso caese en ámbitos extrahistóricos".
As visións do mito
Deste xeito, fÃxose do que foi bispo de Avila unha figura moi versátil. "Houbo unha recuperación da man de Castelao e do nacionalismo a falar dun Prisciliano que reivindica unha igrexa propia e con caracterÃsticas peculiares galegas fronte á igrexa hispana. No seu discurso Alba de gloria, Castelao sitúao á fronte da procesión de figuras senlleiras da historia de Galicia", lembra López. Canda á reivindicación nacionalista, "a partir dos anos 70 e 80 fanse recuperacións diferentes. Buñuel preséntao no seu filme A VÃa Láctea, desde o feminismo reivindÃcase como defensor dunha certa igualdade. Vese tamén como unha especie de teólogo da liberación. Hai aÃnda moito debate sobre se foi rebelde ou un ortodoxo que se rebelaba contra a xerarquÃa eclesiástica. En xeral desde estas perspectivas faise unha modernización moi intensa da súa figura pero afastándose cada vez máis da figura histórica".
Devolver Prisciliano á Academia
Nese sentido, "o obxectivo do congreso é crear un diálogo entre a arqueoloxÃa e os textos para entendermos o personaxe e a época", sinala Pedro López Barja. Con isto "queremos axudar a que deixe de ser esa figura borrosa e poidamos entendelo e situalo historicamente". Malia ao relativo esquecemento en que ficou a nivel académico, "penso que continúa espertar interese. Houbo teses doutorais desde os anos 80 e publicacións en revistas especializadas, pero algúns dos textos de referencia veñen de Francia ou do Reino Unido, en España prestóuselle menos atención e agardamos que este congreso contribúa a mudar isto".
Unha figura documentada
Por falta de material non será, xa que existe unha grande cantidade de documentos da época que falan sobre Prisciliano e movemento que encabezou. "É a figura Historia Antiga de Hispania da que temos máis testemuños directos e indirectos e un dos persoeiros máis importantes da época" asegura o coordinador do congreso. En concreto, hai toda unha colección de tratados priscilianistas que apareceron na biblioteca da cidade alemá de Würzburg no século XIX. "EscribÃseos el ou non, son testemuños que nos achegan moitos dos problemas do movemento" lembra López Barja. Precisamente a profesora MarÃa Veronese, da Universidade de Padua, tratará no encontro a problemática da autorÃa destes textos e mais da súa compilación, xa que foron reunidos no século XV "o que amosa tamén a peculiar persistencia no tempo que ten o Priscilianismo", sinala este investigador. Mais a existencia de documentos non se correspondeu cun equivalente interese pola investigación sobre este tema. "AÃnda o pasado ano se fixo a primeira tradución seria ao español destes textos latinos" lembra López. No Estado, en xeral, ao bispo "préstaselle pouca atención. Hai pouco saÃu publicado un estudo de Peter Brown, un historiador inglés sobre a relación entre a igrexa e os problemas económicos desta época e dálle moita importancia á súa figura, mentres aquà semella que se lle dá bastante menos".
A voz da arqueoloxÃa
No coñecemento que temos sobre Prisciliano contrasta esa multiplicidade de textos coa ausencia de pegadas arqueolóxicas do seu movemento relixioso. "Non hai testemuñas arqueolóxicas do Priscilianismo, aÃnda que existen dúbidas sobre se o Crismón de Quiroga se pode vincular a correntes ascéticas como esta", lembra López Barja. Nese sentido, a aposta por integrar a arqueoloxÃa na investigación da persoa e do movemento responde a que "queremos explicar que pasou na Gallaecia da caÃda do Imperio Romano para que aparezan figuras como esta, que ademais coincide con outras de importancia como é o bispo Idacio" no mesmo territorio. Nese sentido "a arqueoloxÃa e as súas variantes pódennos axudar a entender as transformacións sociais e económicas que se estaban a dar. Non parece probable que vaia aparecer un testemuño arqueolóxico directo, pero pór en conversa cos textos os estudos sobre arqueoloxÃa da paisaxe, paleoambiente ou arqueometrÃa permiten ter un coñecemento máis axeitado das mudanzas que se dan desde finais do século IV ata mediados do século VI, xa cos Suevos, cando aÃnda está vivo o Priscilianismo como unha corrente con bastante arraigo no territorio". Desde a perspectiva da arqueoloxÃa, José Carlos Sánchez Pardo, outro dos organizadores e relator no encontro, explica o xeito no que esta disciplina pode contribuÃr ao estudo do Priscilianismo. "Parece chocante porque Prisciliano sempre se estudou deste os textos, pero grazas á arqueoloxÃa e a técnicas como a arqueoloxÃa da paisaxe, o estudo do paleoambiente, do pole ou das turbeiras podemos obter moita información para entender o contexto, a época, o territorio e o medio fÃsico, que condicionan moito o pensamento e o xeito de actuar de personaxes como Prisciliano. Para eles ademais o medio fÃsico estaba moi conectado coa súa mentalidade, coa sociedade e coa relixión".
As pegadas da época
Dentro das achegas que a investigación arqueolóxica achega sobre o perÃodo do Priscilianismo está a comprobación de grandes transformacións no territorio. "Houbo mudanzas a nivel de deforestación e mesmo climáticas" explica José Carlos Sánchez. "Esta foi unha época de cambios importantes, supuxo o momento no que a paisaxe romana remata e comeza a nova paisaxe medieval". Unha organización do territorio que se mantivo en grande medida ata os nosos dÃas. "É neste momento que se configura a paisaxe tradicional galega. Dáse a explotación do val, aparecen as aldeas como hábitats abertos coas súas igrexas parroquiais, que moitas veces se manteñen aÃnda no mesmo lugar". Tamén se organizan as zonas de cultivo próximas ao núcleo da aldea, co monte na parte superior e accesos aos rÃos cara á parte baixa do val, segundo explica este investigador. "Ademais constrúense novas estradas que conectan este núcleos, aparecen as terrazas agrÃcolas e tamén as primeiras necrópoles cristiás onda as igrexas".
Cambios e puxanza
Para alén de mudanzas internas dáse a circunstancia de que o noso territorio, antes periférico no conxunto do Imperio, cobra unha importancia inusitada. "Ata o de entón non tiña ningún protagonismo, e nese momento aparece un elemento que supera os lÃmites da Gallaecia, chega a Roma e a todo o Imperio de Occidente. Mesmo Santo AgustÃn fala do Priscilianismo desde Hipona. Esta corrente dáse ademais nun momento de especial desenvolvemento social e económico, algo que racha a idea xeral de decadencia que se vencella ao Baixo Imperio", explica López Barja. "Para entender a Prisciliano e ao propio debate que se deu daquela sobre as súas ideas, hai que ter en conta que Gallaecia era unha zona periférica pero tamén moi dinámica. Fronte á situación na Prehistoria ou no Alto Imperio, entre os séculos IV e VI é unha rexión que destaca moitÃsimo", confirma Sánchez. "Dáse unha grande produción literaria e cultural que non se desenvolve noutras zonas. Aparece un intenso comercio con zonas como Bizancio ou lugares do Atlántico. É un momento de fulgor moi estraño no que a Gallaecia pasa de ser periferia a se transformar case nun dos espazos máis dinámicos o Imperio. Penso que esta debÃa ser unha das achegas principais do congreso, deixar claro que o lugar onde viviu Prisciliano e se deu todo este debate era unha zona moi dinámica". De feito, a proliferación de vilas no territorio da antiga Gallaecia amosa o desenvolvemento dunha vizosa aristocracia rexional. "Xa non marchan para Roma como no pasado, senón que quedan no territorio, teñen medios, acceso a libros e poden dar impulso a unha corrente como esta, que é moi potente a nivel intelectual", sinala López. O propio Prisciliano, neste contexto, "era de boa familia e contaba cunha formación moi elevada, mesmo con coñecementos de dereito. A súa non é unha posición contra a Igrexa que se dea desde a ignorancia". Encol da singularidade do Priscilianismo no seu momento, López Barja advirte que este movemento, considerado herético, "enténdese moi ben nas transformacións que está a sufrir o Imperio e parécese a outras correntes ascéticas como a do seu contemporáneo Paulino de Nola. Ten máis en común con elas do que coa relixión celta ou con movementos posteriores".
Coñecemento pendente
En canto ao coñecemento deste perÃodo, Sánchez recoñece que a nivel arqueolóxico non é dos mellor estudados. "A arqueoloxÃa ocupouse máis da época altoimperial, da castrexa ou dos megálitos. Este perÃodo baixomedieval que se consideraba de decadencia non semellaba ter tanto interese. No entanto", advirte, " non é que non se estudase. Cando se fai unha escavación de xacementos castrexos e posteriores, é moi habitual que aparezan niveis desta época. Hai evidencias de vilas, das primeiras igrexas altomedievais, de fortificacións ou de reocupación de castros" correspondentes a estes séculos. "Entón atópanse moitos restos que achegan datos, pero falta un estudo exhaustivo dos mesmos" conclúe. De feito, o diálogo entre disciplinas pode axudar tamén á arqueoloxÃa dun perÃodo que, segundo apunta López Barja, "é como a irmá pobre en Galicia. Hai moitos estudos sobre a época castrexa, pero este estúdase pouco e non hai sequera sÃnteses ou postas en común. Penso que o congreso tamén porá de relevo a importancia que ten esta arqueoloxÃa".