O web do Consello da Cultura Galega acolle desde este 2 de xuño un especial no que afonda na figura de Urbano Feijoo, empresario galego que desempeñou un papel fundamental no desenvolvemento da emigración do noso paÃs a Cuba ao longo do século XIX. Feijoo, que tamén realizou carreira polÃtica, promoveu un plan de colonización que facilitou a chegada á illa de de galegos, en moitos casos nunhas condicións penosas.
O novo especial do CCG afonda nesta peripecia histórica a achegar materiais inéditos sobre as diferentes expedicións de traballadores doados polo profesor Luis T. González del Valle. A estes documentos súmanse outros recursos custodiados polo Arquivo da Emigración Galega do Consello relativos ás expedicións organizadas para fornecer de man de obra barata ás numerosas plantacións de azucre e café de Cuba.
No especial pode lerse unha biografÃa de Feijoo escrita pola coñecida novelista histórica, Elisa Vázquez de Gey e mais un artigo sobre o proxecto deste empresario a cargo da profesora Ascensión Cambrón, grande experta sobre a época colonial na illa de Cuba e dos movementos sociais e polÃticos do momento.
O web permite consultar tamén, entre outros documentos, a memoria dixitalizada Isla de Cuba. Inmigración de trabajadores españoles, escrita por Urbano Feijoo para xustificar e divulgar o seu proxecto para a contratación de colonos galegos para a illa de Cuba. O texto recolle as condicións laborais, dereitos e deberes que terÃan estes traballadores durante a súa estancia na colonia.
Unha listaxe cos 139 colonos galegos contratados pola empresa de inmigración de Urbano Feijoo revela información sobre estes traballadores (os nomes dos buques nos que foron transportados, información sobre o servizo militar, orixe dentro de Cuba, número que lle foi asignadoÂ….). O plan de Feijóo acabou por levar á illa preto de 2000 galego antes do grande escándalo polo trato denigrante que sufrÃa esta man de obra e que rematou co proxecto.