As novas 'Historias de ida e volta' presentan a literatura de posguerra en América

Recollen 20 obras emblemáticas das letras galegas

| Santiago. Redacción | Seccións: Día das Letras
Compartir:
A gaita a falare, de Ramón Rey Baltar.

A gaita a falare, de Ramón Rey Baltar.

Co gallo do Día das Letras Galegas dedicado a Florencio Delgado Gurriarán, o Arquivo da Emigración Galega publicou no web do Consello da Cultura Galega un especial das "Historias de ida e volta" dedicado á literatura galega de posguerra producida ou editada en América. Deste xeito, presentan vinte títulos e autores representativos da creación cultural galega no continente americano. Autores como Castelao, Varela Buxán, Rey Baltar, Emilio Pita, Luís Seoane, Lorenzo Varela ou o propio Delgado Gurriarán, entre outros, dos que se repasa a súa traxectoria en América e as súas principais publicacións.

Que che parece esta nova?
74 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con América, Literatura, Florencio Delgado Gurriarán, Castelao...