O Consello da Cultura Galega publicou este 5 de xaneiro a primeira entrada do Álbum de Galicia de 2022. Florencio Delgado Gurriarán, homenaxeado no Día das Letras Galegas deste ano, protagoniza a incorporación a este proxecto que achega biografías e documentación de persoas que destacaron en diversos ámbitos do país.
Xosé Ramón Fandiño asina a biografía do valdeorrés e presenta un repaso pola súa traxectoria vital e a súa obra, a destacar o seu fondo compromiso político galeguista. Para Fandiño a poesía de Delgado Gurriarán desenvólvese arredor de tres eixes temáticos e estilísticos, "a obra lírica e sensual de Valdeorras, compilada no libro Bebedeira; a poesía de loita e defensa da lingua galega e belixerante contra o fascismo, que se publicou sobre todo en Nueva Galicia e se recolleu no libro O soño do guieiro. O terceiro eixe é o da poesía crioula recollida nas revistas Saudade e Vieiros e no libro Galicia infinda, na que o autor mostra a súa admiración pola realidade mexicana, e a capacidade da lingua galega para dialogar cun sistema literario tan diferente como o mexicano".
Ademais, a entrada achega unha galería fotográfica do autor, unha vintena de cartas que lle remitiu a Valentín Paz Andrade e mais unha completa compilación de artigos sobre o autor e de publicacións nas que participou. A entrada recolle ademais recursos en liña sobre o homenaxeado.