Baixo o pantano e o segundo volume de Tam súmanse ás Bds en galego

A tradución de Tintín á nosa lingua continúa con A illa negra

27/5/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: banda deseñada
53 lecturas | Compartido 0 veces

Unha historia de viaxes no tempo ambientada nunha Galicia futura. Esta é a proposta que fai Ángela Curro en Baixo o pantano, recente lanzamento de Demo Editorial. O debut desta autora é un álbum de 64 páxinas a toda cor. Pola súa banda, Retranca Editora presentou o segundo volume de Tam. A serie de manga realizada por Anémona de Río recupera a protagonista da primeira entrega nunha trama de celos e reencontro con antigos compañeiros de instituto.
Á súa vez, Zephyrum Ediciones continúa coa súa reedición da colección clásica de Tintín, e achega á nosa lingua unha nova tradución do álbum A illa negra. Realizada por Henrique e Breixo Harguindey, o volume é o cuarto dispoñible desta serie en galego.

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
Claves temáticas
Protagonistas
Entidades