Eva Alonso será a nova directora do Culturgal

A nova feira desenvolverase entre o 25 e o 27 de novembro

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:
A produtora cultural Eva Alonso

A produtora cultural Eva Alonso

A produtora Eva Alonso, socia da empresa cultural Chiripa, será a nova directora de Culturgal, a Feira das Industrias Culturais. Alonso foi escollida trala convocatoria aberta para a "dirección artística" da feira anunciada pola asociación Culturgal en abril. A nova directora do evento é licenciada en Químicas e ten un mestrado en Produción e Xestión Audiovisual, e unha dilatada experiencia na produción de documentais, na produción teatral ou en eventos como o I Congreso Internacional de Teatro Galego.

Que che parece esta nova?
63 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturgal, Feira, Teatro, Documentais...