Culturgal ofrece unha praza de "dirección artística" da feira

As candidaturas poden presentarse ata o 9 de maio

| Santiago. Redacción | Seccións: Políticas Culturais
Compartir:

A asociación Culturgal convocou unha praza para a "dirección artística" do culturgal 2022, destinada a persoas físicas ou entidades para "a elaboración dunha programación para a Feira das Industrias culturais, incluíndo o plan de actividades, exhibición e produción artística". A maiores, o prego define outras funcións que significan na práctica a dirección de toda a Feira, como a dirección e supervisión de todo o programa, a xestión e captación de axudas, patrocinios e vías de financiamento, a coordinación de todo o espazo expositivo, a venda de entradas e a coordinación da montaxe de toda a feira, así como a supervisión da comunicación do evento e a redacción da memoria final. O custe do servizo é de 12.000 euros máis IVE, prorrogables durante tres anos adicionais.

Que che parece esta nova?
59 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Comeza o Culturgal

A principal feira da cultura galega estará aberta ata o domingo

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Feira, Culturgal, IVE, Feira das Industrias Culturais