Das minas tamén sae arte

Mónica de Nut abrirá un novo ciclo de intervencións artísticas na mina de Pontenova

| Santiago. Redacción | Seccións: Espectáculos
Compartir:
Mina Consuelo de A Pontenova - Tirolina das Minas

Mina Consuelo de A Pontenova - Tirolina das Minas

A mina Consuelo de A Pontenova (Lugo) está a vivir unha segunda vida como recurso patrimonial turístico e cultural da zona, tras do seu pasado industrial, hoxe abandonado. Os vindeiros 11 e 12 de xuño comezará, como proba piloto, un ciclo de intervencións artísticas deseñadas especialmente para o contexto da Mina Consuelo e integradas na ruta de sendeirismo coñecida como "Ruta dos Fornos". Eses dous días terá lugar dentro dunha actividade máis ampla que reúne sendeirismo, espeleoloxía e degustacións, a actuación musical en directo de Mónica de Nut. O ciclo, supón integrar estas intervencións nun percorrido guiado por este entorno no que os visitantes terán que enfundarse os cascos para acceder á mina abandonada que é a segunda maior paraxe espeleolóxica de Galicia tras Rei Cintolo, segundo estudos recentes. A experiencia terá unha duración de dúas horas e media e incluirá unha parte do percorrido pola 'Ruta dos fornos', a visita ás minas, a actuación da artista (40 minutos) e unha degustación de viños e produtos da zona. Esta é a primeira actividade programada deste ciclo artístico comisariado por Natalia Balseiro para a empresa Xesteco Creativa.

Que che parece esta nova?
44 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Dosier: Wolframio

Ourense quere incluír as antigas minas da provincia nunha ruta europea

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Lugo, Medios de comunicación

Claves

Lugares