Dosier: Wolframio

Ourense quere incluír as antigas minas da provincia nunha ruta europea

| Santiago. Redacción | Seccións: Patrimonio
Compartir:

A Mina dos Alemáns en Casaio (Valdeorras) e mais a das Sombras, en Lobios, entrarán a formar parte do proxecto Rutas do Wolframio. O Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (Inorde) iniciou os trámites para integrar as explotacións da provincia nesta iniciativa, nada en Portugal. O obxectivo é crear un grande percurso que amose e documente estas explotacións, de grande importancia histórica, que sexa recoñecido como Itinerario Cultural do Consello de Europa. Desde o Inorde sinalan que nunha vindeira fase aspiran a integrar no proxecto tamén a mina de Vilanova (A Veiga).

Que che parece esta nova?
56 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Axuda a difundir a cultura galega

Do mesmo ámbito

Das minas tamén sae arte

Das minas tamén sae arte

Mónica de Nut abrirá un novo ciclo de intervencións artísticas na mina de Pontenova

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Culturagalega, Ourense, Consello de Europa, Vilanova...