Estamos habituados a pensar nas canteiras e mais nas minas a ceo aberto coma fendas que se abren na terra e que deixan ao seu redor un terreo ermo e cheo de po e de rochas. Sen embargo, existen posibilidades para estes terreos unha vez que os abandona a actividade industrial. Próxima a fechar, na mina de lignito das Pontes de GarcÃa RodrÃguez, dúas iniciativas complementarias tentan deixar o terreo, se non tal como estaba cando se instalou a mina, si nunhas condicións o máis axeitadas posibles para que se desenvolva e mesmo floreza a natureza neste contexto.
O proceso de extracción dunha mina como a das Pontes pódese resumir, basicamente en facer un burato moi grande, separar o material que interesa (neste caso o lignito) de todo o que se extrae de alà e depositar o resto noutro lugar para non tupir o burato. No caso das pontes, estamos a falar da maior mina a ceo aberto do Estado, o que supón un burato duns seis quilómetros de lonxitude por dous de ancho, e unha profundidade de douscentos metros. Para cando a mina feche, en decembro de 2007, calcúlase que se terán movido 720 millóns de metros cúbicos de terra para extraer preto de cinco millóns de toneladas de lignito cada ano. Todo ese material sobrante, chegado do fondo da terra, asà como o que queda ao ar libre no fondo do burato non é precisamente fértil, antes ao contrario, tende a ter efectos negativos sobre a vida. De xeito que á hora de iniciar un proceso de recuperación deste contorno encontrámonos con dous problemas: que facer co entullo e mais co burato.
O entullo
No caso das Pontes hai xa trinta anos que comezou o proceso de recuperación do material extraÃdo da mina. "Realizouse unha obra enxeñerÃa que situou este material nunha superficie de 1.150 hectáreas. FÃxose como unha pirámide que na realidade é un monte de douscentos metros de alto que se foi organizando para que non se diferenciase moito do contorno", explica David Cheda, responsable de comunicación de Endesa-As Pontes. Ademais do entullo da mina, este monte fÃxose coa cinza resultante de queimar o carbón na central térmica das Pontes. "Na capa superior este material mesturouse con outros para que puidese albergar vida vexetal", completa Cheda. Este proxecto completouse realizando unha plantación de especies arbóreas, de xeito que na actualidade o espazo semella un auténtico monte no que se instalou toda unha variedade de especies animais. "Agora mesmo o sesenta por cento da superficie xa está recuperada, a maior parte con bosque e un trinta por cento con pastos", sinala Cheda. En total máis de medio millóns de árbores entre piñeiros, carballos, castiñeiros, bidueiros e outras especies autóctonas, que en grande medida saÃron de viveiros instalados na propia empresa.
O estudo
Un grupo de biólogos da USC remataba recentemente un traballo de dous anos durante os cales realizaron unha avaliación de carnÃvoros e de especies cinexéticas presentes na zona e un catálogo de vertebrados. Felipe Bárcena, que coordinou esta investigación na que tamén participaron Laura Lagos e Roberto Hermida, explica que descubriron unha cantidade de exemplares moi elevada no espazo estudado. "Chamounos a atención encontrar as densidades de mamÃferos que apareceron". Corzos, xabarÃs ou raposos comparten espazo con especies coma o gato de monte ou a lontra, que tamén sorprenderon os estudosos. A lebre presentouse como unha das especies máis abundantes, e a escombreira mesmo fai parte do territorio dunha banda de lobos. "Chama a atención que no lugar existan unhas densidades de poboación tan altas, se cadra noutros espazos naturais protexidos non se encontran", destaca Bárcena. Canda a estas especies, a entulleira alberga algunhas que son pouco habituais no noso paÃs. Curuxas campestres, peneireiros cincentos ou anduriñas dáuricas, son algunhas das aves máis curiosas que se poden ver aquÃ.
A colonización do baleiro
Todo este proceso de colonización animal desenvolveuse de xeito completamente natural. "Ao recuperar a vida vexetal saÃu unha zona de mil cen hectáreas onde non hai actividades produtiva nin caza, e a natureza descubriu un biotopo espléndido", explica Cheda. O coordinador do estudo destaca que este proceso de repoboación "é un indicador da potencialidade que ten a natureza. Se cadra se nos montes de arredor non houbese unha presión cinexética alta ou outros condicionantes negativos dábase unha densidade semellante", destaca Bárcena. Neste sentido sinala que o mellor que se pode facer para manter este espazo é deixalo como está, con vixilancia e pechado ao público, unha situación que a empresa prevé manter polo momento.
Encher o oco
O outro grande espazo que precisa ser rexenerado nas Pontes é o oco da mina. A proposta para este caso é tan aparentemente sinxela como espectacular. Trátase de encher o burato de auga. "A idea é restaurar o curso dos regatos que se desviaran ao pór en funcionamento a mina e contar con esa auga. Ademais, nas épocas en que o rÃo Eume baixe con excedente de auga, nas crecidas do inverno e da primavera, aproveitarase para derivar tamén parte dese caudal", explican desde a impresa. O proxecto é que en cinco anos, a partir do peche da mina, se dea enchido o oco. Isto creará un lago con oitocentas hectáreas de lámina de auga e unha profundidade máxima de douscentos metros que contará ademais con dúas illas. "Está previsto que unha das illas sexa unha reserva ornitolóxica e que estea prohibido o paso de persoas", sinala Cheda.
Ocio e reticencias
A cuestión de se encher con auga un oco no que están depositados unha boa cantidade de materiais máis ou menos tóxicos xa espertou reticencias entre grupos ecoloxistas. Deste xeito, a Sociedade Galega de Historia Natural amosou a súa preocupación pola posibilidade de que a auga deste espazo teña unha calidade deficiente e impida o desenvolvemento da vida no seu interior. Ademais, a redución que este proxecto pode causar no caudal o Eume preocupa tamén ao colectivo, que xa lle solicitou á Xunta que desestime o proxecto ante as dúbidas que suscita. Desde a empresa, pola súa banda, aseguran que a iniciativa está perfectamente estudada e conta con antecedentes que se desenvolveron con éxito en minas de Alemaña. "Vaise tratar a auga para que acolla vida", asegura Cheda, "está previsto que a capa máis superficial poida acoller troita e todo tipo de animais dos que viven neste hábitat". Este espazo contará ademais con fluxos continuos dos diferentes rÃos e desaugará no Eume, para evitar o estancamento do lÃquido. Para alén da importancia puramente ambiental da rexeneración destes espazos, Endesa prevé que se lle poida dar un emprego lúdico ao futuro lago. Unha praia fluvial, espazos acondicionados para deportes náuticos e zonas de ocio están previstas para que a xente poida gozar desta zona. Agardamos para ver o resultado, alá para 2012 aproximadamente.