Escenarios da prehistoria, un libro sobre o patrimonio arqueolóxico pontevedrés

Federico de la Peña Santos é un coñecido naturalista e divulgador

| Santiago. Redacción | Seccións: Historia
Compartir:
Laxe das Lebres. Foto: Federico de la Peña

Laxe das Lebres. Foto: Federico de la Peña

Ao abeiro do Fondo de proxectos culturais Xacobeo publicouse recentemente no repositorio de contidos da Xunta o libro Escenarios da prehistoria. É a primeira publicación do coñecido naturalista e realizador audiovisual Federico de la Peña Santos que, neste caso, percorreu diferentes localizacións arqueolóxicas da provincia de Pontevedra para obter unhas coidadas fotos que dan conta da riqueza patrimonial deste territorio. A publicación divídese en cinco grandes escenarios: Paleolítico inferior, Mesolítico, Neolítico, Idade do Cobre e Bronce e o "mundo castrexo". O libro pódese descargar de balde.

Que che parece esta nova?
76 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Prehistoria, Xacobeo, Neolítico, Pontevedra...