O Grupo de Innovación Docente en EduAcción Patrimonial da Universidade de Vigo acaba de lanzar KITep, unha publicación "na que se recollen diferentes ferramentas pensadas para traballar a educación patrimonial facendo fincapé na socialización patrimonial e na participación das comunidades nestes procesos".
A obra, que se pode consultar no web da Universidade achega unha "serie de ferramentas cos pasos a seguir para utilizalas e adaptalas en calquera contexto e con calquera persoa". En concreto repasa cinco dispositivos que se poden usar xuntos ou por separado. O mapa do procomún, o afectómetro, a deriva (con) sentidos, o mapeo colectivo (lento) e a galerÃa fotográfica de bens comúns ou galerÃa BIComún son as metodoloxÃas escolleitas nesta publicación, que se completa con suxestións e recursos que permiten afondar nestas e noutras experiencias vencelladas á educación patrimonial.
Segundo explica a presentación do volume, o KITep pretender ser "unha guÃa, un 'kit de peto' para practicar a educación patrimonial dende un enfoque procomún que nos invita a recoñecer as catro contornas do procomún (corporal, medio ambiental, dixital e urbana); a promover comunidades de afectadas; a co-deseñar ferramentas e activalas en espazos sociais; a practicar a mediación intercultural, artÃstica e/ou comunitaria e acordar xuntas como coidar, soster e doar a outras xeracións os nosos (bens) comúns".
Esta é a terceira publicación do grupo de investigación, que ten tamén publicadas unha GuÃa de boas prácticas na visita aos sitios con arte rupestre e o libro A Pedra do Encanto. Os Relatos das Vellas Pedras.