Todo o mundo lembra a Félix RodrÃguez de la Fuente, o coñecido divulgador que se fixo oÃr en todos os lugares, repetindo que a contemplación dos animais poderÃa ser máis excitante que darlles morte, que o mellor destino dunha árbore fose que a viramos medrar e que ducias de especies de animais en perigo de extinción tiñan que ser protexidas legalmente. A Félix acáballe de saÃr un admirador galego, chámase Federico de la Peña e é o único produtor galego de documentais de natureza que adestra animais para ser filmados. Son os seus actores.
XabarÃs, chicharras, aves rapiñas.... son algúns dos animais que saen nos documentais que fai Federico de la Peña. Pero el dálle outro matiz ao considerar que “os meus animais son actores porque están adestrados en catividade para formar parte dunha gravación”. Federico é un naturalista, apaixoado do seu traballo que o levou a montar unha produtora singular.
Un productor diferente
Antes que productor, Federico considera que é naturalista e, como tal “vivo e traballo como divulgador da natureza”. A afección á natureza venlle de familia, porque o seu pai era un cazador arrepentido que lle transmitiu unha sensibilidade especial polo medio. Isto, mais a pegada deixada por Félix RodrÃguez de la Fuente como divulgador levouno, a montar unha produtora audiovisual para dar a coñecer a natureza autóctona.
O máis caracterÃstico desta produtora non é precisamente que teñan unicamente un equipo de gravación (cámaras DVDPro 25), equipos de edición e un pequeno plató improvisado na propia casa de Federico. Senón que os actores cos que traballa son da súa propiedade. Federico conta cun numero amplo de exemplares de dez especies diferentes que pertencen á nosa fauna autóctona. “Teño autorizada a súa tendencia en catividade e autorizada a súa participación en traballos audiovisuais, iso si, que non teñan como finalidade ser mascota”.
Ao principio, Federico tiña traballado algo en cine e un pouco en televisión, pero decidiu darlle unha volta ao seu traballo porque “os animais sofren moitÃsimo en televisión e, pola propia dinámica do medio, os animais debÃan acostumarse aos ritmos de gravación e non ao revés. Eu non podÃa soportar velos sufrir e decidÃn que esa situación non se podÃa repetir”. Desde entón, os seus animais forman parte das súas propias gravacións e dos traballos que fai, tanto por encarga como por iniciativa propia. Pero ese tipo de traballo, tan especÃfico non son moi rendibles “agora mesmo somos a única produtora que hai especializada neste campo, explica Federico, houbo varias, pero tiveron que deixalo”. O principal cliente de “Producciones Federico de la Peña” é o servicio de Publicacións da Deputación de Pontevedra, para quen ten feito numerosos traballos de corte etnográfico sobre muÃños tradicionais ou petróglifos. “Nós non podemos concorrer ás axudas da ConsellarÃa de Cultura porque, explica, terÃa que ter unha persoa dedicada unicamente a cubrir os papeis”.
De todos os traballos realizados por Federico de la Peña destaca “Amelia de Terra de Montes” que foi unha iniciativa que financiou a deputación pontevedresa. Explica o produtor que “Non é o tÃpico documental de natureza, que ademais se ve moi ben, moi en profundidade e que leva un 50% de ficción, de corte dramático (a historia de Amelia) e o resto de parte etnográfica”. A historia de Amelia (personaxe interpetada por unha veciña Clavelina Cachafeiro) serve de base para afondar nos valores paisaxÃsticos e naturais da terra, nunha mestura de realidade e ficción. Un docudrama que ten uns condicionantes de produción e de gravación especÃficos deste tipo de traballo pero sorprendentes desde o punto de vista da produción audiovisual.
Facer “Amelia de Terra de Montes”, un docudrama de 53 minutos de duración, tivo unha fase de produción de dous anos, con seis meses de rodaxe no monte, con xornadas de gravación de catorce horas e con horas e horas de rodaxe. Por poñer un exemplo, o propio Federico asegura que “para un minuto editado precisas gravar, de media, unhas dez cintas (cada cinta ten media hora)
Un traballo concienzudo
“Dicirlle a alguén que as estacións son moi curtas e que en dúas non hai tempo suficiente para gravar un par de escenas pode parecer incrible. Pero a realidade é esa, podo tardar ata tres semanas para localizar un niño, unha vez localizado ten que haber a luz óptima para poder facer a gravación, pode pasar quince dÃas ata que os polos saian do niño e, unha vez que as condicións da natureza son as óptimas, pode ser que se poña a chover e non poida gravar ata pasados tres dÃas”. Federico explica deste xeito algunhas das particularidades que supoñen gravar documentais de natureza en profundidade.
Despois de tantas horas de traballo, Federico conta con abondosas anécdotas que evidencian a particularidade deste traballo. Lembra que “teño pasado ata catorce horas metido dentro dunha pequena caseta sen saÃr, sen falar e sen moverme para non afectar aos animais que estaban para saÃr do niño para poder gravar unhas boas imaxes” ou outra na que “fixemos unha gravación dentro dunha árbore, no que durante semanas fomos achegando a caseta a árbore ata tal punto que os animais vÃrono como algo tan normal que en varias ocasións, en lugar de saÃr polo buraco da árbore saÃron pola propia caseta e foi algo marabilloso”.
A todas estas circunstancias úneselle outra máis, que é o carácter meticuloso de Federico de la Peña quen asegura que “son un home moi perfeccionista e ata que un plano non sae perfecto non deixo de gravar”.
Uns actores moi especiais
Federico traballa cos seus actores todos os dÃas porque considera que “non son como as galiñas, ás que lles deixas a comida, un pouco de auga e crÃanse solas estes actores precisan dun traballo moi especial”. Por iso, todos os dÃas Federico ademais de darlle de comer, dálles tamén a súa lección. Iso significa “estar moito tempo con eles, collelos, acariñalos e telos “impregnados”, é dicir, que estean acostumados a min. Os animais responden por comida pero tamén por cariño”. Ademais, de vez en cando, Federico sácaos de paseo, lévaos ao campo e a dar unha volta para que os animais estean “tranquilos e felices”. E segundo el iso nótase na cámara.
Malia que facer documentais é o que máis lle gusta, Federico de la Peña traballa tamén como divulgador en centros escolares. “Fai falla divulgar a nosa natureza autóctona porque se está a perder, explica Federico, hoxe os nenos saben moito galego pero non coñecen o que hai en Galicia”.