Un libro conmemora o 75 aniversario das emisións en galego da BBC

Inclúe unha recreación sonora do primeiro programa emitido en 1947

3/5/2022 | Santiago. Redacción | Seccións: comunicaciónhistoria
26 lecturas | Compartido 0 veces

Neste 2022 fanse 75 anos da apertura do Galician Programme emitido pola BBC de Londres para todo o mundo. O 14 de abril de 1947, desde Londres, o locutor Alexandre Raimúndez introducía un espazo radiofónico que perviviría ata 1956, e no que participaron un gran número de colaboradores do país, principalmente con contidos culturais. Para conmemoralo, o profesor Afonso Vázquez Monxardín coordinou a edición dun pequeno libro que inclúe unha recreación sonora de acordo co guión do primeiro programa, que se conserva nos arquivos da cadea británica. "Dalgún xeito, a radio galega nace, pois, en Londres", sinala Vázquez Monxardín na publicación, que tamén conta con textos de Víctor F. Freixanes, Xosé Lois Carrión, Eduardo Raimúndez e o equipo do IES As Lagoas que participou na produción e gravación da recreación sonora. O libro pode descargarse en pdf dentro do repositorio dixital do Fondo de Proxectos Culturais do Xacobeo.
Ligazóns externas

Universo culturagalega.gal

Universo

Explora o Universo

Pincha para ampliar esta historia
no seu contexto cultural galego

Escenarios
1 lugar identificados