Londres acolle a décima edición do Galician Film Forum

Leva traballos de Xiana do Teixeiro e Álvaro Gago

| Santiago. Redacción | Seccións: Audiovisual
Compartir:
A realizadora Xiana do Teixeiro

A realizadora Xiana do Teixeiro

Dúas proxeccións e un debate co realizador Álvaro Gago son o contido do programa doble deste ano no X Galician Film Forum de Londres. Proxectarase Todas as mulleres que coñezo, de Xiana do Teixeiro, e a curtametraxe Matria de Álvaro Gago, quen tamén estará presente e participará no coloquio posterior. A actividade realizarase o 5 de abril no King's College de Londres ás 19 horas, no Edmond J Safra Theatre. A entrada é de balde pero hai que reservala con antelación. Todas as mulleres que coñezo recolle tres conversas interconectadas sobre "violencia, xénero e espazo público".

Que che parece esta nova?
42 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con Londres, Álvaro Gago, Mulleres, Xénero...

Claves

Protagonistas
Lugares