Unha xornada do CCG estuda as emisións en galego da BBC

Pódese seguir en directo a traves do web do CCG

| Santiago. Redacción | Seccións: Comunicación
Compartir:

O primeiro programa de radio que empregaba de xeito regular e monográfico o galego foi feito en Londres. Foi a BBC quen entre 1947 e 1956 arroupou a emisión do Galician programme, que a BBC emitía con alcance internacional e que puido ser escoitado tamén en Galicia. Coordinado polo xornalista galego Alejandro Raimúndez, que traballaba na BBC, e apoiado por Francisco Fernández del Riego, o programa incluiu un bo feixe de contidos culturais. O Consello da Cultura Galega conmemora neste 2022 os 75 anos do inicio das emisións cun programa coordinado por Xulio Ríos e que inclúe mesas redondas coa participación de Margarita Ledo ou Luis Zaragoza sobre franquismo, propaganda e guerra fría, sobre as emisións exteriores da BBC, a cargo de Guy Hedgecoe e Inma Gil ou sobre as emisións en galego, catalán e éuscaro.

Que che parece esta nova?
75 lecturas 0 reaccións

Cando valoras a nova, culturagalega.gal aprende para ofrecerche a ti e outros usuarios con gustos afíns máis contidos de interese.

Ligazóns externas

Do mesmo ámbito

Universos

Explorar o Universo desta nova

Descobre máis noticias relacionadas con BBC, Francisco Fernández del Riego, Xulio Ríos, Guerra...